Solo Aritz resiste en el Pantín Classic

Rider: Nat Young – Photo: WSL/Poullenot

  • É o único surfeiro español que se mantén na loita polo triunfo tras superar hoxe dúas roldas nunha xornada con só competición masculina
  • A dirección de competición decidiu trasladar a final feminina ao domingo pola tarde cando se esperan condicións épicas en Pantín

Case nunca defrauda cando entra en acción. Leva moitos anos sendo un valor seguro do surf nacional e neste Pull&Bear Pantín Classic Galicia Pro non foi unha excepción. O vasco Aritz Aranburu superou hoxe dúas roldas no cadro masculino da proba pertencente ao circuíto mundial QS e xa está entre os 16 aspirantes a levar o trofeo de campión na lendaria Factoría de Ondas. O brasileiro Alejo Muniz, o italiano Leonardo Fioravanti ou o costarriqueño Carlos Muñoz tamén figuran nas quinielas de favoritos para levar o prestixioso campionato. 

“As condicións de hoxe eran moi difíciles, había que escoller ben e ter moita confianza. Afortunadamente puiden atopar esas ondas que necesitaba e espero que co novo swell en camiño Pantín poida volver bombear”, comentaba Aranburu pouco despois de terminar a súa manga da quinta rolda. Algunhas horas antes o galego Gony Zubizarreta, o canario Jonathan González e o vasco Jatyr Berasaluce despedíanse do campionato despois de non ser capaces de sincronizarse co Atlántico e perder na cuarta rolda da competición de surf máis importante en España.

A dirección de competición do Pull&Bear Pantín Classic Galicia Pro decidiu trasladar a final feminina prevista para mañá á xornada do domingo na que se esperan unha nova chegada de mar de fondo e condicións épicas no mítico areal de Valdoviño. De todos os xeitos, mañá ao mediodía renovarase o campionato. A primeira chamada aos surfeiros será ás 14.30 horas.

Consulta todos los resultados en:

Cuadro Femenino

Cuadro Masculino

Recent Posts
Contact us

Send us an email, you will receive an answer soon. Thank you

Not readable? Change text. captcha txt

Start typing and press Enter to search