Pantín Eco Surf

Compromiso co medioambiente
ecosurf_pantin_logocolor300

Sabías que o Pull&Bear Pantín Classic Galicia Pro celébrase dentro dun espazo natural protexido?

A praia de Pantín figura incluída dentro dunha Zona de Especial Conservación da Rede Natura 2000 , dentro do espazo denominado Costa Ártabra. Estamos nun espazo natural protexido de alto valor ecolóxico pola calidade e boa conservación dos seus fondos mariños areosos, os seus cantís e zonas intermareais, e a súa a praia e sistema dunar.

horario-actividades-pantinecosurf

O Compromiso do Pantín Classic Pro

Pantín Eco Surf é unha iniciativa do Club Praia de Pantín que se basea no compromiso de lograr organizar un evento sustentable, que coide da contorna física e facilite a práctica deportiva desde a excelencia. Para iso Pantín Eco Surf apóiase en tres alicerces: o primeiro, os emprendedores e innovadores que desde o surf, e para o surf, desenvolven produtos respectuosos coa contorna en todas as fases do ciclo produtivo e da vida do produto ata a súa deterioración. O segundo alicerce é o mimo pola praia de Pantín, que se plasma nun amplo programa de voluntariado, insiro no proxecto europeo marco, LEWO, da Xunta de Galicia para a formación práctica de voluntarios en áreas da Rede Natura 2000. E o terceiro alicerce son a comunidade local e os visitantes (tamén os máis pequenos) para quen organizamos e preparamos un amplo programa de actividades deportivas, educativas e culturais en contacto coa natureza.

QUE FACER EN PANTÍN ECO SURF?

Pantín Eco Surf é un evento en si mesmo, cosmopolita, pero que quere á súa terra, por iso este ano queremos recibirvos cun castro, convidarvos a descubrir os sabores máis enxebres, ofrecervos o poder equiparvos para practicar o surf con produtos sustentables, que descubrades os tesouros naturais e arqueolóxicos da contorna de Pantín, que poidades coidarvos facendo deporte nun marco incomparable cos nosos monitores, e que os máis novos poidan construír coas súas mans, a través dos nosos talleres, un mundo máis sustentable, máis respectuoso. Por todo iso, e algunha sorpresa máis, convidámosvos a participar nesta terceira edición do Pantín Eco Surf.

COMPROMETIDOS CON PANTÍN

Tras a feliz experiencia traballando con voluntariado na edición anterior, este ano queremos repetir e estender o programa con máis e novas actividades; facilitando a formación e capacitación para aqueles que desexan e gustan de coidar da natureza. Aprender a guiar as rutas, como atender e informar a un visitante para facilitar a súa concienciación e compromiso, como actuar ante unha ave ferida, como asistir primeiros auxilios, como reciclar e buscar unha segunda vida a aquilo que criamos inservible, descubrir o patrimonio de Valdoviño… máis todo aquilo, que de seu Pantín Eco Surf e o Pantín Classic xa ofrecen ao visitante.

SE ES AMANTE DO SURF TRANSMITE SEMPRE ESTE COMPROMISO A TÓDALAS PRAIAS QUE VAIAS.

sponsorseco-1

Novas Pantin Eco Surf

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN, DESFRUTADE DESTA NOVA EDICIÓN DO PANTÍN CLASSICC PRO, E PRESUMIDE DE CONTAR CUNHAS PRAIAS CUN ENTORNO ÚNICO QUE FAI QUE O SURF AÍNDA SEXA, SE CABE, UNHA ACTIVIDADE MÁIS FANTÁSTICA.

Contact us

Send us an email, you will receive an answer soon. Thank you

Not readable? Change text. captcha txt

Start typing and press Enter to search