O escenario

Praia de O Rodo, Pantín

Praia de O Rodo, Pantín

A praia de O Rodo é un lugar idílico para a celebración dun evento como o Pull&Bear Pantín Classic Galicia Pro, un escenario natural con apenas parangón no circuíto mundial. Á súa característica lomba que domina o areal e que serve ao público de atalaia para gozar cunha perspectiva privilexiada da competición súmaselle o atractivo dunha paisaxe no que se mestura o verde e azul do mar como só sucede en Galicia.

 

Os surfeiros que ano tras ano chegan dende outras partes do mundo resaltan que a combinación deste escenario co agarimo que lles brinda a xente de Pantín conforman unha fórmula que provoca que sexa unha das probas máis queridas e apreciadas dentro do calendario da World Surf League.

 

Doutra banda, a orientación da praia, exposta tanto ás ondadas do oeste como as do noroeste, provoca que non pare de fabricar ondas potentes, un verdadeiro desafío para a elite do surf. Pantín ten un dos cocientes de días surfeables/ano máis altos do mundo e iso permitiu que, nos seus xa trinta anos de historia, nunca fallase, que sempre se completara con éxito.

 Sabías que o Pull&Bear Pantín Classic Galicia Pro se celebra dentro dun espazo protexido?

A praia de Pantín figura incluída dentro dunha Zona de Especial Conservación da Rede Natura 2000, dentro do espazo denominado Costa Ártabra. Estamos nun espazo natural protexido de alto valor ecolóxico pola calidade e boa conservación dos seus fondos mariños arenosos, os seus cantiis, as súas zonas intermareales, a súa praia e sistema dunar.

panorama

O Compromiso do Pantín Classic Galicia Pro

Queremos esforzarnos en que este campionato sexa exemplar, tamén, no respecto ao medio natural onde se celebra a proba.

Nesta e nas seguintes edicións imos facer un esforzo extra en introducir medidas de compromiso ambiental que permitan preservar mellor o entorno protexido de Pantín, ao tempo de que a proba serva coma un elemento de DIVULGACIÓN E SENSIBILIZACIÓN da necesidade de protexer os sistemas dunares e a riqueza ecolóxica que albergan.

CONTINUAMOS NESTA XXX EDICIÓN O QUE ARRANCAMOS NA XXIX EDICIÓN DO PANTÍN CLASSIC, sexa un punto de partida para facer desta proba un evento de surf recoñecido internacionalmente polo seu COMPROMISO DE CONSERVACIÓN Á BIODIVERSIDADE e como EXEMPLO DEMOSTRATIVO DE COMO O SURF PODE COLABORAR NA PROTECCIÓN DOS ESPAZOS DUNARES E COSTEIROS DE GALICIA.

  • Dende xa estamos a traballar para aportar o noso grao de area para garantir que nas próximas primaveras a PÍLLARA DAS DUNAS críe con normalidade no areal de Pantín, e involucrarnos nas medidas de divulgación que contempla o Plan de Conservación desta especie en Galicia.
  • Promoveremos a declaración e sinalización dunha Microreserva de flora ameazada dentro do sistema dunar de Pantín, que poña especial atención e protexer as poboacións das especies ameazadas e en perigo que nela se atopan.
  • Queremos que o PULL&BEAR PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO sexa un elemento de sensibilización da necesidade de preservar os sistemas dunares.
Contact us

Send us an email, you will receive an answer soon. Thank you

Not readable? Change text. captcha txt

Start typing and press Enter to search