HISTORIA

1988 -2016
logo+oceano

En Galicia o primeiro clube de surf créase en novembro de 1.987. Vicente Irisarri, Carlos Bremón, Gonzalo Barro, Carmen Aguilar e Fernando Montalvo, foron entre outros, os que decidiron poñelo en marcha. Nacía o Océano Surf Club.

clubepraiadepantin

Por Pantín pasaron oito campións do mundo de surf: Tom Curren, Mark Ochiluppo, C.J. Hoodgood, Damien Hardman, Sunny Garcia, Joel Parkinson, Gabriel Medina e Sofia Mulanovich. Tendo en conta que o surf profesional chega a España relativamente tarde, este dato pon en perspectiva a magnitude deste campionato. Na edición de 1999 o número de inscritos na proba tocaba a cifra récord de 200 surfeiros, 56 deles australianos. Ese mesmo ano 25000 persoas foron testemuña do triunfo dun dos mellores surfeiros de todos os tempos: Joel Parkinson.
En 2000 celébrase en Pantín o primeiro WQS feminino de España.
En 2008 o Club Praia de Pantín toma as rendas como entidade organizadora e en 2009 o Pantín Classic é nomeado mellor evento deportivo de Galicia pola Xunta. Xa en 2010 Pantín convértese, xunto con Azores, na única praia de Europa na que se celebran simultaneamente unha proba masculina e feminina WQS 6 estrelas.

1988 – 2016 Resumos anuais

1988

Primeira edición do Pantín Classic, celebrada entre os días 23 e 25 de Setembro. Jorge Imbert (Euskadi) imponse na final a Fernando Adarraga (Galicia), Balbi Irisarri (Galicia) e Roberto Ziller [...]

1989

O surafricano David Malherbe vence na segunda edición da proba ao británico Mike Raven, ao australiano Mat Manners e ao español Jupa Soler. O campionato desenvólvese entre os días 29 de Setembro [...]

1990

Edítase por primeira vez a revista do campionato con David Malherbe na portada. O campionato entra a formar parte do circuíto Pro-Am europeo. O importe en premios desta edición é de 4.000 €. O [...]

1991

A primeira edición con ondas inmensas. Quiksilver incorpórase como patrocinador principal do evento, iniciándose unha frutífera relación de patrocinio que termina no ano 1997. Durante os catro [...]

1992

Un top-five mundial por primeira vez en Pantín: Mark Occhilupo, Occy, participou en Pantín nun momento complicado da súa carreira deportiva. Sete anos despois conseguiría o título mundial, [...]

1993

O campionato celébrase por primeira vez en pleno verán, entre o 29 de xullo e o 1 de agosto, cunha praia de Pantín a rebordar de público. O Pantín Classic intégrase no circuíto mundial WQS cunha [...]

Contact us

Send us an email, you will receive an answer soon. Thank you

Not readable? Change text. captcha txt

Start typing and press Enter to search