Final apoteósico en Pantín

Rider: Coco Ho. Foto: WSL/Poullenot

  • A hawaiana Coco Ho únese ao selecto grupo de bicampioas baixo unhas condicións de lenda, con ondas por encima dos dous metros de altura. 
  • O brasileiro Wesley Dantas, entoado desde primeiras horas da mañá, levou a final masculina ante o costarriqueño Carlos Muñoz.

O parte meteorolóxico cumpriuse. E a espera da xornada anterior mereceu a pena. A resolución do campionato nunhas horas de infarto baixo condicións inmellorables: ondas que foron crecendo até os dous metros, o último empuxón de calor do verán e unha praia abarrotado até os topes. Na proba feminina, a hawaiana Coco Ho conseguiu un fito difícil de igualar, defender o seu trono de campioa en Pantín. E no campionato masculino Wesley Dantas, un dos nomes cos que ninguén contaba, subiuse ao primeiro banzo do podio nun evento pertencente ao circuíto mundial QS da World Surf League (WSL).

O día empezou lento, coa ondada aínda desperezándose, e na primeira chamada (prevista para as 9.00 horas) aos competidores a dirección de competición e o xefe de xuíces decidiron pospor a volta da acción ao mítico areal de Valdoviño. Pero paulatinamente o Atlántico empezou a empuxar series constantes próximas ao metro de altura que, axudadas pola baixada da marea, permitiron que os surfeiro se volvesen a vestir a lycra.

As grandes favoritas non fallaron. Tanto a californiana Sage Erickson, bicampioa en Pantín (2012 e 2016), como a hawaiana Coco Ho, quen chegaba para defender o seu título, progresaron con solvencia. Mesturando ondas no pico principal da praia, o que rompe no extremo norte, preto da pequena illa que domina a entrada de Porto Carrizo, con outros tramos de competición no pico en fronte da lomba. Todo parecía indicar que os seus camiños se cruzarían na gran final. Nin Page Hareb nin Mahina Maeda foron capaces de frealas.

Na última manga do QS 6.000 puntos Sage Erickson mostrouse máis activa desde o principio. Buscou ondas de rango intermedio, porque a serie era xa tan grande que rompía sen apenas forma. Pero nos últimos minutos, Coco Ho, case contra as cordas, foi capaz de darlle a volta á situación. Encadeou dúas esquerdas con tamaño e imprimiulle ás manobras toda esa potencia que caracteriza á hawaiana. A súa última nota, a que lle daba un novo título no Pull&Bear Pantín Classic Galicia Pro coñeceuna co tempo cumprido.

Rider: Weslley Dantas. Foto: WSL/Poullenot

Un salto de calidade para o pequeno dos Dantas

Leva un apelido máis que dabondo coñecido no Tour mundial. Weslley, o irmán pequeno de Wiggolly, logrou onte a vitoria máis importante da súa carreira. Cun repertorio cargado de aéreos imposibles e de xiros radicais foi noqueando a todos os rivais que se cruzaron na súa escalada cara á gloria. Nos cuartos de final derrotou in extremis ao seu compatriota Lucas Silveira e a partir de aí ninguén o puido parar. O australiano Ethan Ewing, ex Championship Tour, e na manga decisiva o costarriqueño Carlos Muñoz sucumbiron ante a inspiración dun Dantas en completa conexión con Pantín. Alejo Muniz, outro dos grandes nomes que figuraba na lista de inscricións do Clásico, completou o podio masculino.

Consulta todos os resultados da competición. 

Cadro femenino

Cadro Masculino

Recent Posts
Contact us

Send us an email, you will receive an answer soon. Thank you

Not readable? Change text. captcha txt

Start typing and press Enter to search