Axenda sábado 1 de setembro

AXENDA DO DÍA

12:00 – Pantín Eco: Charla de Biología Marina con Red Natura 2000.

16:00Pantín Eco: Ruta hasta el mirador de O Paraño con Pantín Eco.

17:·30 – QS Event: EXPRESSION SESSION Pull&Bear Pantín Classic Galicia Pro.

19:00 (Apróx) – Pantín SoundWave – Pedriño (Dj set), Debosses (Live). BIFANNAH (Live), WE ARE NOT DJs (Dj set).

Competición

A primeira xornada da fin de semana promete ser a antesala perfecta do que nos vai deparar o domingo. E é que, á espera do novo swell que se anticipa para mañá, a dirección da proba decidiu realizar a primeira chamada do día ás 14:30h.

Deste xeito, queda aberta a posibilidade de ver tanto a mozas como a mozos no día do hoxe. Se elas fosen á auga, faríano para disputar os cuartos de final, con cinco campioas de Pantín entre as oito surfeiras. Os mozos, pola súa banda, están aínda na sexta rolda, equivalente á dos dezaseis mellores surfeiros da proba.

Para hoxe espérase, do mesmo xeito que na xornada de onte, unha ondaxe óptima para poder seguir desenvolvendo o campionato; ondas entre o medio metro e o metro de altura nun novo día festivo no que non faltará o sol.

Actividades paralelas

Se a competición prepárase para un domingo épico, a apoteose musical chegará esta noite, co último capítulo dos concertos do Pantín Soundwave. Pedriño (DJ) e Debosses (LIVE) encargaranse de abrir a noite, antes de que Bifannah (LIVE) e We Are Not DJ’s, da man de SON Estrella Galicia, poñan o broche soñado á última noite do Pull&Bear Pantín Classic Galicia Pro 2018.

Durante a tarde, e no marco de actuación de Pantín Eco Surf, levará a cabo unha interesante ruta cara ao Miradoiro do Paraño; unha actividade pensada para a familia que estará guiada por un botánico e que levará a cabo entre as 16h e as 20h. Ademais, nesta parte do recinto terán lugar, por parte de Good Karma Projects, unha mostra de como se constrúe e repárase unha táboa de surf

A pesar de que a competición non arrincará ata o mediodia, o recinto central do evento seguirá acollendo durante toda a xornada as distintas actividades que se levaron a cabo durante a semana; agasallos directos, sorteos, rampla de skate, etc., mesturaranse á perfección coa variada oferta gastronómica proposta por Estrela Galicia e os numerosos foodtrucks.

Recent Posts
Contact us

Send us an email, you will receive an answer soon. Thank you

Not readable? Change text. captcha txt

Start typing and press Enter to search