Axenda venres 31 de agosto

Rider: Samuel Pupo – Photo: WSL/POULLENOT

Competición

Venres crucial no Pull&Bear Pantín Classic Galicia Pro, onde os homes renovarán o QS 3000 coa rolda 4. Producirase, por tanto, a esperada entrada dos surfeiros mellor ranqueados da proba, entre eles o vasco Aritz Aranburu e o galego Gony Zubizarreta.

Ademais, a previsión de ondaxe parece que, unha vez máis, vai contribuír ao desenvolvemento da competición. Prevense ondas entre 0,5 e 1 metros de altura durante todo a xornada, na cal o sol volverá reinar sobre a comarca de Ferrolterra.

Actividades Paralelas

Tradicionalmente o venres sempre é un día moi especial en Pantín. Inicio do fin de semana é equivalente á antesala das finais e moito ambiente na praia, seguramente una dos acenos identificativos do evento.

A noite volverá ter gran protagonismo, coas actuacións de Ben Wei (DJ) Bahut, Camellos e Judah (DJ). Do mesmo xeito que durante toda a semana, a colaboración de SON Estrella Galicia volverá ser vital para poder ofrecer unha oferta musical desta categoría  nesta edición.

Pero se a música é a gran protagonista da noite, o día ofrécenos unha serie de propostas difíciles de obviar. A zona Pantín Eco Surf acollerá, por unha banda, unha aula sobre a bioloxía mariña en relación coa Rede Natura 2000 “Ferrolterra-Valdoviño”, así como unha nova ruta polo complexo dunar da praia e ao castro de Pantín, recentemente acondicionado. Para calquera dúbida haberá, ademais, unha azafata durante todo o día.

As actividades complementarias complétanse cos diversos sorteos e agasallos directos propostos polas empresas colaboradoras do Pull&Bear Pantín Classic Galicia Pro, ademais da variada oferta gastronómica por parte de Foodtrucks e da espectacular zona de consumo de Estrella Galicia.

Highlights Day 4

Recent Posts
Contact us

Send us an email, you will receive an answer soon. Thank you

Not readable? Change text. captcha txt

Start typing and press Enter to search