Agenda domingo 2 de septiembre de 2018

Photo: Lifestyle – WSL/Poullenot

Agenda:

10:00QS EVENTChamada oficial para a competición feminina e masculina.

Women Quarterfinals
Men RD16 Heats 1-4
Men Quarterfinals
Women Semifinals
Men Semifinals
Women Final
Men Final

12:00PANTÍN ECOVisita ao castro de Pantín.

Todo el día:

  • Exhibicións, mostras e sorteos na zona Pantín Eco Surf e recinto central.

  • Skate Ramp

Por determinar:

  • Competición
  • Ceremonia de entrega de premios
  • Limpieza de playa al finalizar la competición

Competición

Chegou o día que todos esperabamos. Hoxe saberemos quen son os novos Campións do Pull&Bear Pantín Classic Galicia Pro!

Os últimos competidores do QS 6000 feminino e o QS 3000 masculino están chamados ás 9h da mañá. Se as condicións son propicias, a acción dará comezo pouco despois desa hora, momento a partir do cal iremos descubrindo, aos poucos, que dous surfeiros levarán a coroa de Pantín.

Espérase unha nova xornada de sol en Pantín, con temperaturas próximas aos 30ºC e unha sólida ondada para pechar de forma espectacular unha nova edición do clásico galego.

Actividades Paralelas

O último día do Pull&Bear Pantín Classic Galicia Pro volverá ofrecer numerosas actividades para amenizar unha gran xornada de surf. O Pantín Eco Surf, un dos alicerces do campionato, será o marco perfecto para as exhibicións, mostras e sorteos por parte de artesáns e pequenas empresas involucradas e comprometidas coa sustentabilidade.

Será precisamente desde aí onde sairá a ruta cara ao Castro de Pantín restaurado recentemente. Este breve itinerario estará guiado por un historiador e terá lugar de 12h a 13h.

O domingo será tamén a última oportunidade para poder visitar a Pop Up Store de Pull&Bear, onde o público poderá facerse con algunha das últimas pezas da colección deste ano. Ademais, a zona de consumo de Estrella Galicia e as súas espectaculares bancadas prometen ser o anfiteatro perfecto para vivir da mellor maneira esta emocionante xornada final do evento.

Recent Posts
Contact us

Send us an email, you will receive an answer soon. Thank you

Not readable? Change text. captcha txt

Start typing and press Enter to search